O Concello vén de publicar as ‘Bases de funcionamento dos postos de venda das Festas do Cristo que teñen prevista a súa celebraciçon os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de setembro.
As mismas son as seguintes:
I.- DE CANDO E DONDE SE CELEBRA
Art. 1.- As festas do Cristo 2018 celebraranse nas datas do 21, 22, 23, 24 e 28, 29 e 30 de setembro do 2018. Os postos de venda poderán estar abertos ao público de 11:00h a 02:00 h. Non se permitirá a apertura de ningún posto na rúa fóra do horario establecido.
Art. 2.- Os postos extenderanse polas seguintes rúas: Pío XII, Domingo Bueno, Avelino Villasuso, Servando Ramilo, Ramiráns, Ramón González, Manuel Rodríguez, Praza Arquitecto Antonio Palacios e barrios de S. Benito e S. Sebastián.
Art. 3.- Non se permitirá o asentamento de ningún posto nin a venda ambulante de ningún producto fóra do recinto establecido pola organización.
II.- DOS POSTOS DE VENDA
Art. 1.- Estableceranse tres clases de postos de venda:
a) Postos de venda de produtos varios.
- b) Postos de degustación e venda de comidas: son aqueles postos de venda de comidas e bebidas. A organización decidirá a distribución dos postos de rosquillas.
- c) Establecementos privados: son aqueles establecementos coma tabernas, bares, bodegas, restaurantes, negocios de venda de produtos, con sede social no Porriño, que soliciten asentarse na vía pública diante do seu negocio. A organización só autorizará estes postos no caso de que non precise dese espacio e sempre e cando as condicións da rúa o permitan.
Art. 2.- Os postos de comida que dispoñan de cociñas, bombonas, asadores, parrillas, brasas ou sustancias inflamables deberán estar protexidos, xa que poden supoñer un perigo para as persoas. Será obrigatorio para estes postos que conten cun extintor homologado, e en bo funcionamento de po seco de 6 k. Deberán tamén contar cun xerador de enerxía propio co fin de poder desenvolver a súa actividade. A organización non se fai responsable dos danos ocasionados por este tipo de instalacións.
Art. 3.- Todos os postos de degustación de comida e bebida deberán cumprir as normas básicas de seguridade e hixiene marcadas pola lei.
Art. 4.- Todas aquelas persoas que persoas que manipulen alimentos ou bebidas estarán en posesión do carné de manipulador/a de alimentos.
Art. 5.- Non se permitirá a reprodución de música fóra do horario establecido pola lei.
III.- DA SOLICITUDE DOS POSTOS DE VENDA
Art. 1.- Inscricións: a solicitude de inscrición poderá descargarse na nosa páxina: https://oporrino.org/ ou ben recollela no Centro Cultural Municipal ou Concello do Porriño, do 29 de agosto ao 10 de setembro, en horario de 09:00 a 14:00 h.
Toda a documentación requerida será entregada no Rexistro do Concello do Porriño do 29 de agosto ao 10 de setembro en horario 09:00 h. a 14:00 h.
Art. 2.- Aceptacións: unha vez cumprimentada a solititude facilitada e presentada a documentación requerida o 11 de setembro procederase a asignación da ubicación do posto; dita responsabilidade quedará a cargo do Concello do Porriño.
Rematado o prazo de inscrición e confirmada a aceptación do posto, os/as interesados/as formalizarán o correspondente pago de taxas previsto na Ordenanza municipal en vigor no ORAL (Deputación Provincial de Pontevedra).
Queda totalmente prohibido o aluguer ou cesión a terceiros dos postos asignados.
Art. 3.- Taxas: a ordenanza reguladora da taxa por instalación de postos ambulantes situados en terreo públicos así coma industrais estipula a cota de aplicación por posto de venda de 1,32 € por m2/día. O pago farase no ORAL. Os xustificantes de pago serán entregados no Concello do Porriño do 12 ao 19 de setembro.
Non se admitirá ningún posto sen a debida presentación do xustificante de pago.
IV.- DA MONTAXE DOS POSTOS DE VENDA
Art. 1.- O horario da montaxe será entre as 08:30 e as 10:00 h.
Art. 2.- Todos os postos han de estar totalmente ubicados e preparados para a hora de comezo das actividades das festas. Non se poderán ampliar os postos con mesas adicionais ou plataformas, toldos, etc.
Art. 3.- Durante o desenvolvemento da festa quedará prohibida a entrada e saída de vehículos non autorizados, así coma a colocación de obstáculos dentro da zona de celebración dos distintos eventos.
Art. 4.- Durante o desenvolvemento das distintas actividades que terán lugar na rúa (concertos, animación, procesión do Santísimo Cristo…) non estarán permitidos obstáculos que poidan impedir o normal transcurso das mesmas.
Art. 5.- Unha vez rematadas as festas, nas noites do luns 24 ao martes 25 de setembro e do domingo 30 de setembro ao luns 1 de outubro todos os postos de venda deberán estar desmontados e o seu recinto limpo.
V.- DAS MERCANCÍAS
Art. 1.- Queda totalmente prohibida a exposición e presenza de animais vivos.
VI.- DOS VENDEDORES
Art. 2.- A organización así como a Policía Local e Protección Civil do Porriño velará polo estricto e riguroso cumprimento das presentes bases.