O vindeiro 12 de febreiro comenzará o Campamento de Entroido para os e as máis pequenas da casa ; e como ben sendo costume, o mesmo desenvolverase no C.E.I.P Plurilingüe Xosé Fernández López e instalacións municipais


O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do centro escolar no horario, de 8:30 a 14:00 horas.


Os rapaces e rapazas deberán levar roupa cómoda : calzado cómodo e outro de reposto para poder utilizar ,no seu caso, as pistas do pavillón , unha mochila co calzado de reposto, unha merenda e auga.


No caso de precisar algunha vestimenta diferente , serán as monitores e monitores as persoas encargadas de comunicalo.


Recordade as únicas persoas autorizadas a entregar e recoller aos rapaces e rapazas do Campamento de Entroido serán as que instaron a solicitude . En caso de ser outra persoa a encargada, ésta, deberá ser maior de idade e levar xunto ós monitores e monitoras a autorización correspondente, asinada con copia dos D.N.I ou N.I.E da persoa autorizante e autorizada.

ADMITIDOS/AS NO CAMPAMENTO DE ENTROIDO 24