O mal tempo non dá tregua e as previsións meteorolóxicas para os próximos días ameazan ao Entroido. Co fin de poder disfrutar das actividades programadas por todo o alto, o Concello do Porriño acordou aprazar a programación do Entroido para esta semana.

Mantéñense os obradoiros infantís que se trasladan ao Centro Cultural Municipal.  

As novas datas de celebración dos desfiles de comparsas e o resto de actos previstos anunciaranse nos próximos días, unha vez se coordinen con todos os participantes.

“É unha mágoa pero o Entroido é para que o disfrutemos todos e todas a fondo e iso faremos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Os desfiles e actividades nestas condicións supoñen ademais un risco para os case 2000 participantes, así que sairemos a disfrutar destas festas en canto poidamos facelo sen máis preocupación que divertirnos e pásalo ben xuntos”.