En medio do estado de alarma polo coronavirus e despois do susto de onte co accidente da grúa no Parque do Cristo, hoxe chegou unha moi boa nova ao Concello: o Instituto Nacional de Estadística (INE) confirmou que Porriño xa ten máis de 20.000 habitantes recoñecidos. Oficialmente Porriño ten dende o 1 de xaneiro de 2020, unha poboación de 20.100 habitantes.
A alcaldesa Eva García manifestou hoxe a súa “enorme satisfacción por esta boa nova, ainda máis de agradecer nestes días de desaliento no país abre unha porta de esperanza e orgullo para o pobo do Porriño”, dixou a alcaldesa.
Deste xeito O Porriño entra no “club” dos concellos de maís de 20.000 habitantes o que suporá máis participación nos fondos públicos tanto dos Orzamentos Xerais do Estado como nos da Xunta de Galicia así como acceso directo ás subvencións da Unión Europea. Asimesmo este salto demográfico traducirase en outros feitos futuros como máis competencoas en diferentes eidos. Asimesmo terá outra consecuencia: nas vindeiras eleccións municipais de 2023, os porriñeses xa teran que elexir máis concelleiros pois a próxima corporación local medrará de 17 a 21 membros.
Eva García suliñou que o crecemento demográfico deste concello “que era moi doado de constatar polas matriculacións nos colexios, polas vivendas e outros indicadores como a pirámide poboacional con saldo vexetativo postivo xa que temos máis nacementos que defuncions, agora queda reflexado oficialmente no censo”.
A alcaldesa lembrou que “dende a nosa chegada ao goberno municipal realizamos un esforzo por actualizar o padrón de habitantes que estaba moi desfasado e finalmente ese traballo da os seus froitos”.