A Federación Galega de Ciclismo confirmou que haberá 400 participantes nas diferentes probas e categorías do Cameponato de Galicia de Ciclocross que terá lugar o vindeiro domingo 29 no Porriño.
Habilitaráse un circuito de dos quilómetros e medio no Velódromo Municipal do Porriño e na súa contorna. O club local Agrupación Deportiva Avanza é o responsable da organización co apoio do Concello do Porriño que é tamén o patrocinador principal.
Dende as 9:30 horas comenzarán as competicións. Como aperitivo ao Campeonato de Galicia, haberá o III Trofeo Ciclocross Avanza, unha carreira de promoción, reservada para as nenas e nenos que aínda non alcanzaron a idade mínima para competir. A partires das 10 horas comezará a batalla polas medallas coa primeira quenda de saídas na que se porán en marcha os máster-50 e 60, os máster-30 e as mulleres máster.
A xornada continuará ás 11 cos títulos máster-40, a categoría máis numerosa. Unha hora máis tarde comparecerán en escena as rapazas e rapaces cadetes e unha vez que rematen arrancarán os elites e sub-23, os juniors, as elites e sub-23 e as juniors.
A Federación Galega apuntou que categoría elite e sub-23 masculina, o defensor da coroa Saúl López (Maceda) terá como principais ameazas ao ciclista profesional de estrada Daniel López Parada (Burgos BH), actual líder da Copa Galicia, e a un trío de corredores porriñeses, especialmente motivados ao competir na casa: Jacobo Ucha (Marcisport), Luis Fernández Oliveira (Avanza) e Jorge Punzón (Cosmos).
En canto á proba elite e sub-23 feminina, as principais favoritas á vitoria absoluta son a local María Jesús Barros (Spol) e Carla Fernández (Río Miera).
Do mesmo xeito que no resto de eventos do calendario autonómico, no Campionato de Galicia tamén se repartirán puntos para o ránking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC)
Esta última proba oficial do 2019 será un ensaio xeral de cara á cita que se celebrará o 11 e o 12 de xaneiro na Illa das Esculturas. A Selección que a Federación Galega de Ciclismo presentará en Pontevedra acabará de definirse co que resulte do Campeonato Galego.