O Concello de Porriño ride homenaxe ao Grupo Zendal pola súa traxectoria e labor social otorgándolle o I Premio Antonio Palacios á Empresa. A entrega dos premios terá lugar mañá ás 21.00 horas, durante a ceremonia de celebración do centenario da Casa Consistorial.
O Grupo Zendal naceu e creceu no Porriño, dando traballo a miles de persoas durante máis de 30 anos, cun compromiso social admirable e unha visión e un saber facer que o posiciona como referente no sector farmacéutico a nivel mundial. O Concello do Porriño homenaxea con este premio á aportación de Zendal na saúde humana e animal.
Zendal, máis de 30 anos marcando fitos na innovación en saúde humana e animal
Zendal é unha de esas empresas que puxo ao Porriño no mapa da innovación hai xa máis de 30 anos. O grupo biofarmacéutico é coñecido a nivel mundial polo seu traballo no campo da saúde humana e animal, innovando na investigación, no desenvolvemento, na fabricación e na comercialización de vacinas e productos biolóxicos, farmacéuticos e probióticos.
Co seu enfoque de “unha soa saúde” (“One Health”), Zendal traballa para mellorar a saúde dos humanos e animais no planeta, cunha visión integral, debido a súa interconexión, xa que as prevencións das patoloxías do sector veterinario afectan directamente á calidade na alimentación e saúde dos seres humanos.
Entre os fitos máis recentes de Zendal, destacan a vacina contra a tuberculose, que xa está na fase de ensaios clínicos con humanos na India, ou a producción da primeira vacina española contra a Covid-19 para a Unión Europea. En canto a saúde veterinaria, Zendal ven de lanzar a primeira vacina de tecnoloxía ADN para combatir a leishmaniasis canina, a primeira vacina para mamíferos animais con esta tecnoloxía a nivel mundial