O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do “I Rally Mix Concello de Porriño” que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado “Recristo” e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.
A organización do evento correrá a cargo da “Escudería Surco” de Salvaterra do Miño coa colaboración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro.
Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello de Porriño que presidiu Lourdes Moure, alcaldesa accidental na que participaron Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, representantes da Escuderia Surco e Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo e Benigno Vázquez Colino, responsable de marketing da mesma federación.
O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, habera unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo.