Dende as 7 horas desta mañá, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorpóranse nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.

Montáronse controis nas rotondas de acceso aos polígonos industriais de O Porriño onde realizouse esta tarefa en colaboración coa Garda Civil.
A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de O Porriño colaborarán xunto coa Garda Civil, no reparto de máscaras con motivo da volta ao traballo nos sectores autorizados polo Goberno Central.

Ese reparto realizouse conforme as instrucións recibidas pola Policía Local e Protección Civil, a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Por outra banda, a Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar coas restantes forzas de seguridade baixo o mando único do Goberno Central, nas tarefas de vixilancia e control do cumprimento do estado de alarma que se mantén dúas semanas máis, polo momento.