159 alumnos do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro” reciben un curso de primeiros auxilios de nivel básico impartido por persoal do 061. Trátase dunha iniciativa formativa que promove o Concello de O Porriño, a través da Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.
Durante as clases que se realizan entre hoxe e mañán mércores, os estudantes reciben formación teórica e práctica para saber reaccionar ante un atragantamento, unha hemorraxia, queimaduras ou unha parada cardiorespiratoria. A aprendizaxe inclue tamén a manobras de RCP (reanimación cardio pulmonar) como se pode observar nas imaxes adxuntas.


Todos o asistentes a este curso recibirán como regalo un “ambu” portátil con el formato dun chaveiro co escudo do Concello de O Porriño. O “ambu” é un dispositivo manual para proporcionar ventilación ante una parada cardiorespiratoria.
Estes cursos formativos extederánse tamén ás Asociacións de Veciños do municipio que xa o solicitaran. Neste intre son Cans, Atios, Pontellas, A Forna-Budiño e San Benito-San Sebastián. Impartiránse en horario de tarde e nas respectivas sedes destas AAVV. De feito comezará mañán mércores en Atios, a partires das 17 horas.