O Concello de Porriño a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) está a realizar no último cuatrimestre do ano unha serie de obradoiros en pro a fomentar o crecemento persoal das mulleres.
Esta semana desenrolase un obradoiro de “Coaching ontolóxico: Biodanza” que se impartirá ata o 20 de setembro. Tratase dunha iniciativa cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
“O taller está dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e ten coma obxetivos xerais asumir a capacidade de observarnos a nós mesmas para empoderarnos e xerar aprendizaxes que transformen a nosa realidade existencial como mulleres; coñecer as competencias e despertar potencialidades distinguindo os obstáculos que frenan o desenrolo e contribuir co desenvolvemento da nova ética para a convivencia , baseada nos valores femininos”, segundo a explicación ofrecida pola responsable do CIM, Rocío Carrera.
Na mesma liña o xoves 5 de setembro dará comenzo outro obradoiro que comprende catro módulos a desenvolver nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro . Está organizado por “Xustinea” e forma parte do Programa Integral de “Mulleres Mundando o Rural” no que colabora a Concellería de Igualdade do Concello do Porriño.
Para maior información dirixirse ao CIM sito no terceiro andar do Concello ou ben chamando ó 986337429