Unha promoción inmobiliaria que quedou obstruída pola crise do ladrillo chega ó seu termo. O sábado 6 de xullo, ás 11 horas, terá lugar a presentación do edificio “Praza Ramiráns”, organizada pola firma “Copernicus” que retomou o vello emprendemento de “Paseo Marítimo” que naufragou co estallido da burbulla do ladrillo.
Duas axencias inmobiliarias de Porriño “Inmonova” e “LM Inversións” teñen á venta os pisos de 2, 3 e 4 dormitorios con prezos dende 83.000 euros que os interesados poderán visitar o sábado con motivo dunha xornada de portas abertas entre as 10 horas e as 19 horas.
A promoción naceu no ano 2005 baixo o nome “Edificio Paseo Marítimo” pero despois de diversas peripecias, o proxecto quedou en vía morta. En 2009 paralizaronse as obras, en 2011 a promotora anterior entrou en liquidación e finalmente fixose cargo a SAREB (alcumado como “o banco malo”).
No ano 2017 “Copernicus”, un fondo de inversión, adquiriu o edificio e reanudou as obras deste inmoble con cinco andares e baixo cuberta que alberga 147 viviendas.