O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade continúa a mesma liña de actuación que en anos pasados, e “para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das veciñas e veciños”, organiza, de novo, o ‘Campamento de Nadal’, co-financiado pola Deputación de Pontevedra.
O mesmo- que desenrolarase de 9 da mañá a 2 da tarde– abranguerá actividades coma música, obradoiros, xogos, talleres, reciclaxe, animación á lectura e actividades que terán coma fío condutor a igualdade.
O prazo de inscrición para o mesmo abrirase o luns, día 19 de novembro, e non pechará ata o venres, día 30 desde mesmo mes.
A concelleira de Igualdade, Soledad Girón, lembra que poden participar neste campamento as rapazas e rapaces residentes no Porriño que teñan entre 5 e 12 anos -nados entre 2006 e 2013, os dous inclusive– e que as persoas que precisen máis información poden dirixirse ao Centro de Información á Muller, no 3º andar do Concello, ou chamar ao número de teléfono 986 337429.