O Porriño foi de novo epicentro do deporte adaptado. 17 equipos, que reuniron a 170 deportistas, participaron hoxe na primeira xornada da XXVIII Liga Galega de Baloncesto Adaptado organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.
Nesta primeira quenda disputáronse un total de 14 partidos nas canchas habilitadas nas dúas pistas do polideportivo municipal. Na competición masculina participaron o ASDAN, Celta Integra e San Rafael; na adaptada masculina Aceesca, Aspanaex, Celta Integra, Juan María e San Rafael, e na adaptada mixta Aspavi, Juan XXIII, Los Milagros “A”, Los Milagros “B”, Méndez Núñez, Saiar, Saladino Cortizo “A”, Saladino Cortizo “B” e Vilagarcía.