A concelleira de Educación e Seguridade, Lourdes Moure manifestou hoxe que “é para Porriño unha satisfacción acoller o inicio e o remate do Campionato de Galicia de Karting 2020 que comezará o vindeiro domingo 8, no circuito da nosa vila”.
A concelleira, en representación do Concello anfitrión da presentación do Campionato foi a encargada de abrir o acto que contou con representacións da Secretaria Xeral para O Deporte da Xunta de Galicia, ABanca, Gadis e outras firmas que copatrocinan o evento que organiza a Federación Galega de Automobilismo que tamén estivo representada polo seu presidente, Iván Corral. O acto desarrollouse nas instalacións do CEIP Antonio Palacios, en Torneiros.
O circuito de karting existente na vila de O Porriño acollerá este domingo 8 de marzo a primeira proba das 7 programadas pola Federación ao longo do ano. E tamén recibirá a última que pechará o Campionato, prevista para o domingo 26 de outubro.
A concelleira de Educación e Seguridade aproveitou tamén a súa intervención para lembrar “os vínculos de O Porriño co deporte do motor”. Citou que o pasado 8 de febreiro, Porriño acolleu a Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo que se celebrou no Pavillón Municipal de Deportes. Na mesma o Concello foi galardoado nesa Gala polo seu apoio ó automovilismo en 2019. Un apoio manifestado na súa duradeira colaboración co Rally Rías Baixas, polo patrocinio do I Rally Mix Concello do Porriño, celebrado nas Festas do Cristo, e finalmente, polo curso “Conduce con Xeito” para mellorar a capacidade de reacción dos veciños e veciñas do Porriño que participaron nas clases prácticas e teóricas.