Un circuito de 2,5 kilómetros, habilitado no Velódromo do Porriño e na súa contorna, acollerá a celebración do Campeonato de Galicia de Ciclo Cross 2019 que terá lugar o domingo 29 de decembro. Disputaránse ó títulos autonómicos masculinos e femininos, en todas as categorías, desde cadetes ata master 60, cunha previsión de 400 participantes.
Este ano, as probas teñén valor engadido pois en xaneiro celebraráse en Pontevedra o Campeonato de España de Ciclo Cross de tal xeito que o test de Porriño servirá para que a Federación Galega de Ciclismo decida os seleccionables pola nosa comunidade autónoma.
No Porriño estarán o vindeiro 29 de decembro loitando polo título principal na categoría élite masculina e polo maillot coa bandeira de Galicia, os porriñeses Jorge Punzón, Luis Fernández Oliveira e Jacobo Ucha que terán ó monfortino Saúl Lopez coma o maior rival. Na categoría élite feminina, o título debería ser unha cuestión entre Diana Blanco, do club “Banbanzabike” e Chus Barros, do “Spol”
No acto de presentación, Begoña Carpinteiro, secretaria da Federación Galega de Ciclismo lembrou a “enorme tradición ciclista do Porriño que seuguen a manter viva os clubs locais cun enorme traballo de canteira e categorías bases. A representante da Federación ponderou a colaboración co club local “A.D.Avanza” na organización deportiva do Campeonato de Galicia que ten ó Concello do Porriño como patrocinador.
Precisamente en representación do Concello, David Alonso, concelleiro de Deportes manifestou a súa “satisfacción por contribuir desde o Concello ó apoio ó ciclismo que é emblema do noso concello”. O edil indicou que “o ciclismo ten unha longa tradición na nosa vila co traballo de clubs como o ‘Spol’ e Horacio Barros; de tantos ciclistas moi recoñecibles no pelotón nacional ata chegar ó A.D. Avanza que está a realizan un fenomenal traballo de base”.
Na presentación tamén participou o ex ciclista porriñés, Abel Maceira, entrenador do “A.D. Avanza” onde imparte a súa experiencia. O que fora campeón de España de ciclo cross no ano 1997 e antes obtivera o mesmo título en categorías inferiores, mostrouse esperanzado do papel que “varios e varias ciclistas porriñeses de categorías base do noso club van realizar neste Campeonato de Galicia”