Vinte equipos que reunirán 160 deportistas participarán o vindeiro mércores 15 na segunda xornada da Liga Galega de Baloncesto Adaptado 2019 que se disputará no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño. Haberá 18 partidos programados segundo as catro diferentes categorías establecidas, conforme o regulamento da Federación Galega de Deporte Adaptado.
Na competición masculina participarán “Asdan A”, “Asdan B” “San Rafael”, “San Xerome” e “Saladino Cortizo”.
Na competición femenina competirán os equipos de “San Xerome”, “Esclavas” e “Saladino Cortizo”.
Na adaptada masculina, “Aspanaex”, “Juan XXIII”, “San Rafael”, “Juan María”, “Saladino Cortizo” e “Vilagarcía”.
E finalmente na categoría adaptada feminina xogarán “Méndez Núñez A”, “Méndez Núñez B”, “Saiar A”, “Saiar B”, “Juan XXIII” e “Apavi”.

Os partidos comezarán ás 10,30 horas e a xornada finalizará ó redor das 14 horas.