O mozo porriñés Alejandro Gómez Granja reclamou ao Parlamento de Galicia que “os grupos políticos tomen todas as medidas necesarias para garantir a redución das desigualdades e na procura de cidades e comunidades sustentables”.

Alejandro, alumno do IES Ribeira do Louro, falou hoxe como voceiro no nome do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño, na sesión telemática celebrada polo Parlamento de Galicia coa ocasión do VIII Foro Infantil que organizaron Unicef Galicia e a Cámara Autonómica. Miguel Santalices, titular del Parlamento, presidiu a sesión que contou tamén coa participación de Myriam Garabito, presidenta de UNICEF, dos tres grupos políticos da Cámara e da Conselleira de Política Social, Fabiola García

A concelleira de Educación do Porriño, Lourdes Moure que seguiu dende o seu despacho a sesión e nomeadamente a intervención do representante da infancia e mocidade local expresou a súa “satisfacción polo papel que por terceiro ano consecutivo os nenos e nenas porriñeses tiveran a oportunidade de expoñer directamente as súas opinións ante os deputados do Parlamento de Galicia”.
Moure Varela lembrou que o vindeiro venres 20, O Porriño celebrará o pleno infantil coa ocasión de celebrase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Polas actuais circunstancias sanitarias, a sesión será telemática de xeito que os alumnos e alumnas que intervirán como voceiros, o farán dende os seus respectivos centros docentes. A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación tamén participaran en liña. A sesión comezará ás 10,30 horas.