O Mercado de Nadal ten que suspenderse por segunda fin de semana consecutiva debido a tren de borrascas e as malísimas consicións meteorolóxicas.
A Concelleira de Cultura, Cami Moreira ven de informar que o Mercado de Nadal non se celebrará nin hoxe nin mañá domingo como xa ocorrera hai unha semana.
Este evento que organiza a AAVV San Benito e San Sebastián co apoio do Concello do Porriño, Asociación de Loita contra o Cancro, a Protectora de Animais e outras entidades, trasladouse á carpa do Roxy pero as condicións de vento e choiva desaconsellaron a súa celebración.
De feito outros dous eventos da programación de Nadal que ían celebrarse hoxe na carpa Roxy cancelaronse. Polo tanto non terán lugar os obradoiros infantís de Postais de Nadal nin o de Papá Noel móbil que estaban previsto a mediodía e de tarde.
Todas as modificacións poden consultarse na web do departamento de cultura do Concello.
Programación cultural. Abril 2024