Sonia Parente e Uxía Fernández, dúas ciclistas do “Louriña Cycling Team” fixeron a estrea do novo equipo ciclista porriñés que está a participar dende hoxe e ata o domingo 24, nos Campeonatos de España contra reloxo e de fondo en estrada que se celebran en Jaén.
Sonia rematou hoxe no posto 26 da clasificación na proba de contra reloxo feminina disputada sobre un percorrido de 26 quilómetros entre La Iruela e a Serra de Cazorla que realizou en 52’51”. A súa compañeira de equipo, Uxía Fernández rematou no posto 27 da clasificación cun tempo de 55’00”.
Mañá sábado, ambas as dúas xunto ca súa compañeira Elena Caride participarán na proba en liña do Campeonato de España feminino élite que se realizará sobre unha distancia de 105 quilómetros, nun circuito entre Ubeda e Baeza.
Finalmente, o domingo será a quenda dos homes. Un ciclista do equipo porriñes, Roberto Mediero participará na proba en liña élite que cubrirá un percorrido de 185 quilómetros, tamén entre Ubeda e Baeza.
David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño, desplazouse ata Jaén para acompañar ao novo equipo na súa posta en escea. O Concello do Porriño é o principal patrocinador do “Louriña Cycling Team” que próximamente realizará a súa presentación oficial na nosa vila.