O Concello do Porriño fixo públicas hoxe as novas datas nas que se desenvolverá a programación do Entroido que foi aprazada polo mal tempo. As comparsas volverán percorrer as rúas da vila o 24 de febreiro, cando retomaremos toda a programación.
O sábado 24 de febreiro arrancará a festa co pregón de Afaga Alzhéimer e o desfile de comparsas sairá ás 18 h do pavillón muncipal. A programación será a mesma que a prevista para o sábado de Entroido, excepto o concerto dos Gin Tonic´s, xa que no seu lugar tocarán Los Coleguitas.
O domingo 25 as rúas vestiranse de loito e celebrarase, cos mesmos horarios e programación, o velorio e enterro da Sardiña. Hai que sumar este día o fin de festa que será a cargo da Turre´s Band unha vez finalizados os actos fúnebres.
Queremos agradecer ás comparsas participantes, grupos musicais, de animación…. a súa disposición para coordinar axendas e conseguir que o Entroido, aínda que uns días máis tarde, se celebre por todo o alto.