O Concello ofreceu unha recepción ós ciclistas porriñeses que acadaron títulos e unha sobranceira participación no recente Campeonato de España de Ciclocross celebrado hai dúas semanas en Pontevedra.
Asistiron Laura Mira e Uxía Soto, campeona e subcampeona de España en categoría cadete feminina respectivamente.
Tamén acudiron catro integrantes da selección galega que participaeron no Campeonato de España nas súas respectivas categorías, todos eles integrantes do club local A.D. Avanza. Son Oscar Fernández, Hugo Martínez, André Martínez (líder da Copa Galicia de ciclocross) e David Fernández (campeón galego da modalidade de “Enduro”).
Todos eles recibiron un agasallo do Concello de mans de David Alonso, concelleiro de Deportes que desexoulles moitos éxitos deportivos “pero tamén vos pido que sigades cos vosos estudos porque non se poden descuidar a vosa formación.
Á recepción ofrecida polo Concello tan só faltou Marcial Rodríguez por problemas laborais. O Concelleiro de Deportes entregaralle o agasallo de recoñecento do Concello polo seu título de Campèñon de España de Ciclocross en categoría Master 50 que se une ó título de Campeón de Galicia na mesma categoría que acadou no Porriño en decembro.