O Concello do Porriño, a través do departamento de Cultura, ven de promover unha programación especial titulada “Para pasar unha corentena” ideado para o seu seguimento “on line” a consecuencia das restriccións que impon a prórroga do estado de alarma pola pandemia do “Covid-19”.
Esa programación especial que se pode consultar na páxina web do departamento de Cultura, comeza hoxe con unna lembranza á celebración do Día Mundial do Teatro.
Na programación incluense ligazóns para ver e seguir diversas propostas artísticas e culturais para todo tipo de públicos como “Novo Cinema Galego”, conferencias do programa “TDEx Galicia”, funcións de teatro, sesións de contacontos e tamén co Salón virtual do Libro de Pontevedra.
Asimesmo vencellanse tamén diversas propostas da Biblioteca Municipal como unha ligazón con El Libro total”, unha biblioteca dixital gratuita con máis de 45.000 títulos dispoñibles, e tamén outra ligazón con “#KeepReadingencasa”, unha proposta de Editorial Planeta que ira publicando para a súa descarga libre e gratuita, importantes obras de autores contemporáneos “bestsellers” como Dan Brown, Larsson, María Dueñas ou Zafón, así como da literatura infantil e xuvenil como Blue Jeans ou Gerónimo Stilton.