A Concellería de Servizos Sociais anuncia a posta en marcha do programa de emprego “Porriño Accede” dirixido a veciños e veciñas do concello en situación de desemprego.

Tratase por cuarto ano consecutivo de de mellorar as posibilidades de atopar traballo mediante accións formativas deseñadas en colaboración con empresas radicadas no Porriño que incorporan prácticas non laborais.
“A nosa pretensión é mellorar as competencias profesionais e contribuir á inserción no mercado laboral das persoas que participan en ‘Porrino Accede’”, manifestou David Alonso, concelleiro de Emprego.

Deste xeito abrese un proceso de inscripcións para participar nun primeiro curso de formación de operarios de loxística e almacenaxe que se realizará ó longo do mes de febreiro no Multiusos de Torneiros.
As inscricións poderán realizarse no mesmo Multiusos de Torneiros ou chamanado ó número 986 338217 ou enviando un e mail ó enderezo electrónico formacion@porremprego.org

A previsión é que unhas 40 persoas que participen nos cursos de “Porriño Accede” fagan formación nas empresas e que aproximadamente o 60% delas acaden un contrato despois do período de prácticas.