O Concello do Porriño convoca este luns, ás doce do mediodía, unha concentración de repulsa por un novo crime machista en Galicia, acontecido onte na localidade lucense de Vilalba.
A vítima, de nome María, tiña 48 anos e estaba en trámites de divorcio do seu home que a acoitelou e logo aforcouse, a pesares de terse decretada polo xulgado unha orde de afastamento.
A concentración ante a casa consistorial, na praza do Concello, acordouse entre a alcaldesa e os voceiros de todos os grupos municipais da corporación porriñesa mediante chamadas telefonicas na naoite do domingo
Tanto Eva García como concelleiros do goberno municipal e os voceiros de PP, EU Son, BNG e UDDL asisitrán á concentración á que se invita a participar a cantos veciños e veciñas o desexen.

Este de Vilalba é o segundo asasinato por violencia de xénero ocurrido no que vai de ano en Galicia. O primeiro caso foi en de Valga en marzo e moi semellante o acaecido en Villalba, En Valga, a vítima María Aboy fue asasinada polo seu marido dun tiro de escopeta e logo o home suicidouse.

Ó longo deste ano 2019 33 mulleres foron asasinadas, vítimas de violencia de xénero. Dende que hai cómputos, concretamente dende 2003, 1.008 mulleres morreron a mans das súas parellas ou ex-parellas.