Este serán a casa consistorial do concello de O Porriño quedou alumeada en cor azul como adhesión ó Día da Infancia, unha acción promovida pola UNICEF. O edificio do Concello permanecerá alumeado en azul ata as 23 horas. A alcaldesa Eva García e os cinco membros do goberno municipal coaligado asistiron ó encendido.
Hoxe celebranse trinta anos da Convención dos Dereitos do Neno. Por tal razón, Porriño declarada desde 2018 “Cidade Amiga da Infancia”, sumouse a efeméride, seguindo a chamada #GaliciaDeAzul lanzada pola UNICEF para conmemorar ese aniversario.
Por outra banda, o vindeiro venres 22, Porriño enviará unha delegación integrada polos alumnos elixidos para representar á infancia local no VII Foro de Participación Infantil de Galicia. O evento terá lugar a partir das 12 horas no Parlamento de Galicia.
No pleno infantil celebrado no Porriño o pasado venres 15 determinouse a composición da delegación que estará formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integrarán a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure, os técnicos da OMiX e acudirá tamén un profesor de cada centro en condición de acompañantes.
O obxectivo desta actividade promovida por UNICEF é dar voz a nenos e nenas de distintos concellos galegos para que logo do traballo realizado nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, aporten o pleno autonómico a súa visión de como as cuestións que son da súa preocupación e interese se ven reflectidas nas súas.