Logo de que a Alcaldía recuperase as competencias en Protección Civil e Emerxencias, detectáronse deficiencias que xa se lle advertirán, hai dous anos, ao anterior concelleiro responsable destes servizos.
As carencias apareceron logo da baga de lunes e recomendáronse melloras en materia de persoal e material de cara a garantir a seguridade en caso de situacións de emerxencia pero, durante estes anos non se acometeu acción algunha neste eido.
Na actualidade, O Porriño conta co parque Comarcal de Bomberos Baixo Miño, no Polígono Industrial das Gándaras e, ainda que a súa sede está dentro do termo municipal, a súa demarcación aglutina varios concellos da zona para dar cobertura a inundacións, accidentes, lunes e outras catástrofes e O Porriño, con un importante artellamento industrial, autovías e autopista que pasan polo concello, preto de zonas moi poboadas, non se pode permitir que, en caso dunha emerxencia, no haxa un servizo de primeira intervención, dependendo de se os bomberos do parque comarcal están noutro servizo, coma sucedeu hai pouco.
“Falamos de salvar vidas” e dende a Alcaldía sublíñase que non se pode regatear en emerxencias dado que unha intervención rápida e esencial en calquera situación de perigo.
O Porriño conta cunha Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, sufragada polo Concello por medio dun convenio dotado con 30.000€uros anuais, pero a realidade é que coma norma xeral so hai un voluntario de servizo e sempre é mesmo: o propio presidente da agrupación que, coma sinala a alcaldesa, pon de manifestó o seu sacrificio ao estar as 24 horas do día, 365 días ao ano a disposición da cidadanía. “Pero Protección Civil non poder ser unha soa persoa”.
Á vista dun informe interno, que recomendaba, de novo, melloras no que se refire a Emerxencias,e co visto bo da Secretaría do Concello, ven de proporse a creación dun Grupo Municipal de Emergencias, formado nun principio, por seis bombeiros que cubrirían as 24 horas do día, con posibilidade de aumentar a plantilla no verán para combater os incendios e actuar contra a vespa velutina.
A parroquia de Torneiros sería a primeira beneficiada pola creación deste novo grupo que tería o seu centro no Edificio Multiusos Municipal.
Nos vindeiros días haberá unha xuntanza coa Deputación de Pontevedra coa finalidade de solicitar unha achega para a compra de materia, empezando por un camión de Bombeiros.
Así mesmo, está previsto potenciar o aumento no número de voluntarios de Protección Civil que sexan un apoio para o novo grupo de Emerxencias.