O Concello do Porriño, a través do departamento de Emprego que dirixe David Alonso, anuncia que xa está aberto o prazo para os interesados e interesadas en obter contratos de 6 meses para os 25 postos de traballo convocados para reforzar diferentes servizos municipais.
Os solicitantes destes contratos deberán estar desempregados e rexistrados na Oficina do Servizo Público de Emprego (SEPE).
As persoas que estean interesadas en participar na preselección que fará a oficina de Emprego terán que poñerse en contacto con esta nos seguintes xeitos:
– a través do correo electrónico oficina.emprego.porrino@xunta.es , para iso deberán estar inscritos na oficina de Emprego do Porriño e achegar no e-mail o seu nome e apelidos, o seu número de DNI e os códigos no que estean interesados para inscribirse.
– ou a través de chamada ó teléfono 886 110 404 para comprobar se xa están inscritos cos códigos correspondentes nas ocupacións que demanden, ou ben anotarse no caso de que non o fixeran anteriormente.
O proceso de selección e contratación final levarase a cabo pola Concellería de Emprego do Concello do Porriño, coas persoas preseleccionadas pola Oficina de Emprego do Porriño, segundo os criterios que se establezan nas bases reguladoras do referido proceso.
Na táboa adxunta recóllense os departamentos, o número e o tipo de postos de traballo e o código de ocupación para rexistrarse na oficina de emprego.
Estes contratos do Concello do Porriño contan cunha subvención da Deputación a través da Liña 3 do Plan Concellos 2021.