A alcaldesa, Eva García agradece ao Servizo Galego de Saúde e en particular á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo que “atendeu e en tan pouco tempo” a petición de realizar un cribado masivo entre a veciñanza do Porriño. Convocáronse un número de 7.000 persoas distribuídas entre hoxe venres pola tarde e para o vindeiro domingo 7.

“Quero agradecer ao SERGAS a aceptación da proposta que fixemos dende esta Alcaldía e ao mesmo tempo solicitar aos nosos veciños que acudan a realizar estes PCR polo seu ben e polo de todos”, dixo García de la Torre.

O alcalde espera que este cribado “sirva para esclarecer cal é a actual incidencia real no Porriño e permita revelar se hai máis casos de positivos non detectados porque son asintomáticos”.

Declaracións de Eva Garcia