David Alonso, concelleiro de Deportes mantivo este mediodía unha visita ás instalacións do Velódromo Municipal do Porriño en compañía de Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Tamén acudiron representantes da AD Avanza e do club Máster da Louriña.
Visitaron vestiarios, sala de máquinas e a pista e graderío do Velódromo para comprobar o grado de deterioro das instalacións e valorar as obras máis urxentes que habería que acometer para garantir un mínimo de servizos.


Concelleiro e presidente da Federación acordaron facer unha proposta máis ambiciosa e tratar de implicar á Xunta de Galicia. A tal fin o presidente da Federación pedirá que los reciba o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Leite Lasa.
O velódromo de Porriño é o único existente en Galicia. Data de 1993, ano no que foi inaugurado por Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, administración que sufragou as obras.