Convocadas catro comisións informativas, preparatorias do próximo pleno municipal ordinario

Este mércores 22 convocáronse catro comisións informativas. Trátase das comisións municipais de Urbanismo; Limpeza; Economía, e de Contas, a celebrarse entre as 18:00 e as 19:00 horas.

Prepararán os asuntos do próximo pleno ordinario de setembro que terá lugar o día 29, ás 18:00 horas.
Adxuntamos en “pdf” as convocatorias e as axendas das catro comisións.

Comisión de Contas setembro 2021

Comisión de Economia setembro 2021

Comisión de Limpeza setembro 2021

Comisión de Urbanismo septiembre 2021

Inscricións e axenda da homenaxe a José Antonio Gónzalez

 
As persoas que desexen asistir ao acto deberán inscribirse na seguinte ligazón: https://app.cluber.es/…/1e3e516afe2fd2e51975111f20c2481…
 
AXENDA DA HOMENAXE A JOSÉ ANTONIO:
▶ Apertura de portas: ás 18:30 h.
🤾 Balonmán Feminino: de 19:00 a 19:50 h. (Club Balonmano Porriño – Club Balonmano Porriño)
⛸ Patín sobre rodas: de 19:20 a 19:30 h. (Club Patín Porriño)
💝 Homenaxe: ás 20:00 h. coa presenza da familia de José Antonio, a Alcaldesa de O Porriño, o Concelleiro de Deportes, concelleiros da Corporación Municipal, presidentes/as dos clubs deportivos e compañeiros.
⛹‍♀ Baloncesto Liga EBA: de 20:30 a 22:00 h. (Porriño Baloncesto Base – Club Baloncesto Chantada)
🤸‍♀Ximnasia rítmica: de 21:00 a 21:10 h. (Club Ximnasia Porriño)
✖ Finalización do acto: ás 22:00 h.
Puede ser una imagen de una persona y texto que dice "Concello do Porriño Concellería Deportes HOMENNEA NEA JOSEANIONO CONZN EZ 22 de setembro de 2021. Desde as 19:00 h. Pavillón Municipal dos Deportes do Porriño Baloncesto Balonmán Ximnasia rítmica Patinaxe"
 
 
 

“Makinoteka” gañou a II edición da Batalla de Debuxantes “Improvisdado”

A segunda edición da “Batalla de Debuxantes Improvisdados”, celebrada no Parque do Cristo, concluíu coa vitoria de “Makinoteka”, artista madrileño, por decisión do xurado do certame.

A segunda posición foi para “Sedo”, de Vigo e o terceiro posto para “Dusem”, de Ourense.

Os tres finalistas restantes do concurso foron “Tremze” (Francia); Tamara Baz (A Guarda) e “BTO” (Madrid).

A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizaron o segundo concurso “Improvisdado, Batalla de Debuxantes”, dentro da programación das Festas do Cristo. A final tivo lugar esta tarde nun escenario preparado para tal efecto no Parque do Cristo.

A produtora do evento, “Vella Escola”, preparou un escenario onde os seis finalistas tiveron que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados.

O xurado que valorou o seu traballo estivo formado por “O Ras” (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.

A concelleira de Festexos, Cami Moreira realizou a entrega de agasallos e trofeos aos seis finalistas.

A concelleira de Educación visitou o autobús “Creactivity”, un espazo para promover o enxeño de nenos e adultos

 
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, en colaboración coa “Fundación La Caixa”, organizan a actividade “Creactivity” que é un espazo itinerante promovido pola entidade financeira. Consiste en obradoiros que se realizan en colaboración cos centros educativos do municipio.
 
A concelleira de Educación, Lourdes Moure visitou o autobús que estaba aparcado ao carón do CEIP Fernández López. Alumnos deste Colexio acudiron hoxe á actividade.
Ata o venres 17 de setembro continuará en horario de mañá para o alumnado de Primaria e de 1º e 2º da ESO.
Polas tardes, estes obradoiros permanecen abertos para o público en xeral.
“Creactivity” é un espazo interactivo que fomenta o enxeño e a creatividade. Un novo proxecto itinerante que propón obradoiros para espertar o enxeño de nenos e nenas e axudalos a sentirse cómodos nunha sociedade cambiante.
O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis.

Obradoiro de emprego “Porriño Labora”

A Concellería de Emprego e Promoción Económica do Concello do Porriño vai a desenvolver o Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” no que se impartirán as especialidades formativas:

Madeira:

Nivel 1: (MAMD0209) TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLES (MAMD0109), APLICACIÓN DE BARNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERIA E MOBLE.

Nivel 2: (MAMR0308) MECANIZADO DE MADEIRA E DERIVADOS, (MAMS0108) INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA.

Albanelería-Fontanería-Climatización:

Nivel 1: (EOCB0109) OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCCIÓN, (IMAI0108) OPERACIÓNS DE FONTANERÍA E CALEFACCIÓN-CLIMATIZACIÓN DOMÉSTICA.

Os requisitos que hai que cumprir para poder participar como alumno/a-traballador/a neste Obradoiro serán os seguintes:

– Estar dado de alta na oficina de emprego de O Porriño como demandante de formación nalgunha de ditas especialidades.

– Non se require formación prevía.

– Os colectivos con máis dificultades na inserción laboral terán prioridade.

As persoas que estean interesadas poderán inscribirse na pre-selección de dúas maneiras:

– Cubrindo unha solicitude acudindo a oficina de Porremprego do Concello do Porriño sita no Edificio Multiusos de Torneiros – Ribeira, s/n.

– Ou enviando un e-mail á oficina de emprego do Porriño a dirección oficina.emprego.porrino@xunta.gal no que se solicita poder participar na pre-selección de alumnos/as para Obradoiro de Emprego “Porriño Labora”, indicando nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, e-mail e especialidade que escolle.

O Alumnado traballador que se seleccione percibirá o salario mínimo interprofesional cun contrato de formación e aprendizaxe de 9 meses de duración.

 

Aviso de cortes de tráfico polo paso da Volta Ciclista a Galicia

A Policía Local alerta dos cortes de tráfico que se producirán este venres, ao mediodía, cunha duración de 15 a 30 minutos, nas estradas polo paso da Volta Ciclista a Galicia.
A etapa Ponteareas-Ponteareas que comezará ás 12:00 dende a vila do Tea, entrará no Porriño por Cans, pola N-120, arredor das 12:15, dependendo da velocidade á que transite o pelotón. Ao pasar polo centro de Porriño hai unha meta volante na cafetería Platinium. A carreira discorrerá pola rúa Antonio Palacios, xirará na rotonda cara á avenida Domingo Bueno e conectará coa estrada nacional 550 en dirección a Tui. A caravana virará cara a Atios e Budiño segundo o libro de ruta da etapa que publicamos na imaxe adxunta.
A previsión é que ao redor das 12.30 conclúa o paso da etapa por Porriño.

Presentado o IV Trofeo “MiniBTT Concello do Porriño”

A Concellería de Deportes, que dirixe David Alonso, e o club “A.D. Avanza” presentaron hoxe a cuarta edición do “Trofeo Mini BTT Concello do Porriño” que terá lugar o vindeiro sábado 18, no Monte da Risca, a partir das 10:00 horas.

Calcúlase que haberá 350 participantes nas diferentes categorías: infantil, alevín, benjamín así como para principiantes e promesas. Non obstante, a inscrición aínda estará pechada esta noite.

Lourdes Figueroa, directora da A.D. Avanza subliñou que “o maior esforzo que propuxemos durante estes meses difíciles debido á pandemia foi garantir que todos os nenos e nenas seguisen motivados neste deporte, motivo polo que agora celebramos poder organizar competicións como ésta que presentamos”, dixo.

Tamén acudiu ao acto Jacobo Ucha, como técnico e representante da Federación Galega de Ciclismo. Na súa intervención, recoñeceu “o excelente traballo de canteira realizado por clubs como o A.D. Avanza e é grazas a ese traballo que logo saen e teñen ciclistas galegos no pelotón profesional como acabamos de ver na Volta a España” .

Por último, David Alonso, concelleiro de Deportes tamén se sumou ao recoñecemento do club organizador “polo brutal traballo que realiza con toda a estrutura de base que teñen e por suposto merecen e contarán con máis apoio económico por parte do Concello, como proba de recoñecemento “,
concluíu o concelleiro.

 

Acceso provisional ao Concello a través da rúa Antonio Palacios

Como consecuencia das obras de hidro-limpeza nas fachadas da casa consistorial, dende hoxe e ata o venres 17 permanece pechado o acceso principal ao Concello. Así, o acceso ao Concello faise pola entrada lateral da rúa Antonio Palacios.

Os traballos de limpeza do edificio municipal, a cargo da empresa Naturgalia, encargados polo departamento de Vías e Obras que dirixe Lourdes Moure, retomáronse esta semana.

Segundo a previsión da compañía, a tarefa de limpeza concluirá esta semana e eliminarase o valado de seguridade. Nas semanas seguintes continuarán cos traballos de reparación do tellado do edificio.

Últimos preparativos para a segunda edición da “Batalla de Debuxantes Improvisdado”

 

A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizadores do segundo concurso “Improvisdado, Batalla de Debuxantes”, anuncian os últimos preparativos desta segunda edición que terá lugar o 18 de setembro, dentro da progrmación das Festas do Cristo.

A produtora do evento, “Vella Escola” distribuíu un vídeo co trofeo deseñado para premiar ao gañador entre os seis participantes seleccionados para competir na final.

O acto terá lugar o vindeiro sábado, no Parque do Cristo, a partir das cinco da tarde. A produtora preparou un escenario onde os seis finalistas terán que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados. Serán valorados por un xurado formado por “O Ras” (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.

A animación do evento estará a cargo de DJ Santi nos pratos, e Tai Beatbox ao micrófono.

Máis información nesta ligazón

Batalla de debuxantes ImprovisDado. II Edición

 

 

A corporación celebrará este mércores pleno extraordinario

A corporación municipal celebrará este mércores 15, a partir das 12:00 horas, un pleno de carácter extraordinario con 9 puntos na orde do día. 
Entre os asuntos a tratar, destaca a resolución definitiva do concurso para a adxudicación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e similares, así como a xestión do "Punto Limpo", a favor da entidade "Servizos dos Concellos Galegos SLU". No "pdf" adxunto, engadimos a orde do día da sesión plenaria.

Pleno 15 de sep 2021