O pasado 20 de xuño a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo anunciaba que dotara ao Centro de Saúde do Porriño dun sistema de climatización que, sublimaba,daba “resposta ás demandas de profesionais e usuarios, que nos meses de verán tiñan que soportar altas temperaturas, dadas as especiais características arquitectónicas deste edificio sanitario”.
Menos dun mes despois a realidade é que a devandita climatización non funciona, que nas consultas houbo que recuperar os antigos aparellos de refrixeración e que non hai ningún tipo de sistema que alivie a situación das persoas que están agardando para ser atendidas polos médicos.
Curiosamente, o propio Servizo de Saúde xa recoñecera que eses vellos equipos, “resultaran insuficientes” cando se colocaran dado que este inmoble, completamente acristalado, está moi exposto á luz solar, absorbendo e condensando o calor.
A situación é aínda máis lamentable tendo en conta que os devanditos equipos que teñen que usarse nas consultas polo fallo do sistema de climatización, son uns aparellos portátiles que foran colocados por Sanidade en 2010, hai sete anos, mentres o centro segue sen ter, nas áreas de espera ou nos corredores nin sequera uns ventiladores que fagan máis soportable esta situación.
Este xoves, a temperatura nas salas de espera superaba nalgún intre os 35 graos e en algunha das consultas estaban preto dos 30, cando nos momentos centrais do día o termómetro marcaba na rúa 31 graos e para este venres agárdanse que se achegue aos 34 dende o mediodía.
Este calor, que está a afectar, especialmente a os cativos e anciáns, é outra das graves deficiencias deste centro de saúde que atendeu so nos seis primeiros meses deste ano a máis de 100.000 persoas, veciñas do Porriño, de Salceda e de Mos que parecen non importar ao conselleiro de Sanidade que, maila ás promesas do Goberno de Galicia e do seu partido, segue sen querer afrontar as gravísimas deficiencias deste inmoble que, como poden comprobar centos de doentes cada día, non cumpre xa as condicións básicas para tratar aos enfermos.

O conselleiro, maila aos argumentos expostos en contra do peche destas aulas– e das do CEIP Emilio Navasqüés, de Outes, CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia, e do CPI Monte Caxado, de As Pontes, nos que a Consellería de Educación decidiu tamén prescindir do Ensino Secundario- reafirmouse na súa determinación, o cal foi acollido polos representantes destes centros cunha concentración diante do Parlamento con berros a prol do Ensino Público e en contra desta decisión que, a seu xuízo, “prexudica ás alumnas e alumnos e vai en contra do traballo educativo que se viña facendo nestes colexios”.
Ademáis, deles, a concelleira Soledad Girón, xunto con dous técnicos municipais, explicou, polo miúdo, o ‘Programa de Formación Municipal’ e presentou os recursos que ofrece a Concellería de Emprego para a busca de traballo e dos acordos de colaboración coas empresas da contorna para a execución de programas formativos.
Manuel Carrera felicitou aos ximnastas pola súa “entrega, ilusión e capacidade” que, subliñou son os piares nos que se basea o “excelente” resultado que acadaron no pasado Campionato de España, e nas anteriores competicións nas que participaron.
Nas súas palabras, o alcalde accidental quixo ter un recoñecemento especial ao labor das adestradoras, “elas son as que os ensinan e as que saben cómo facer que sexades quen de dar o mellor de vos”, comentou ao tempo que pediu un aplauso para a súa adicación e a súa aportación constante e desinteresada.