A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) que integrou ó Centro de Transfusións de Galicia, apela á solidariedade dos porriñeses. Unha unidade móvil para recollida de doazons de sangue ubicaráse esta semana, durante tres días, a partir do mércores 27 e ata o venres 29 inclusive, na rúa Domingo Bueno, diante da cafetería “Skala”, en horario de tarde, entre as 16 h ás 21 h.
Diariamente necesitanse 500 doazons de sangue en Galicia para axudar a centos de enfermos e salvar moitas vidas.







A partir de mañán venres 22, Porriño torna a se converter na capital do mel coa celebración da XXXI edición da Feira Apícola Rias Baixas queterá lugar o sábado 23 na praza Arquitecto Palacios. A Feira estará complementada polas Xornadas Técnicas de Apicultura que albergará o Centro Cultural Municipal, tamén ó longo do sábado. E como limiar terá lugar o venres unha actividade didáctica cara ós máis pequenos. Este ano os protagonistas serán os alumnos e alumnas do CEIP Fernández López que terán oportunidade de facer unha degustación de diversos tipos de mel.
O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila e coa colaboración da Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos. A praza tamén está sinalizada no chan pintado co logotipo da biblioteca pública e a palabra “Biblioteca”.




