O convenio que vencellará a Porriño co protocolo “Concellos Doing Businness” está en trámites coa Fegamp e irá a pleno para a súa aprobación.

O Concello de Porriño está en trámites a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a súa adhesión ó protocolo “Concellos Doing Businnes” que ten que levarse a pleno para a súa aprobación definitiva.
David Alonso, alcalde accidental de Porriño ata o vindeiro luns e concelleiro delegado de Emprego desmintiu ó Partido Popular que a través dun comunicado trasladaba que o goberno municipal “negaríase a implantar ésta entre outras medidas de apoio empresarial”.
“O voceiro da oposición descoñece ou ignora que hai un decreto da Alcaldía que solicitou á FEGAMP a adhesión o devandito protocolo e que ainda resta a súa aprobación polo pleno asunto que levaremos á sesión de setembro”, manifestou o alcalde en funcións.
O Goberno Municipal volve a lamentar a “espiral de fotos con conselleiros da Xunta de Galicia –algunha imaxe claramente sacada do arquivo como denuncia a vestimenta invernal- na que o voceiro local do PP tense instalado para facer unha oposición de pataleta permanente”.

O Concello valora o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil ó Multiusos de Torneiros

Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa accidental, Lourdes Moure visitou diversas dependencias do Multiusos de Torneiros para valorar sobre o terreo o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil de Porriño. Actualmente a base operativa da Agrupación atópase no polígono da Granxa onde teñen o seu almacén e todos os equipos de intervención.


Xunto á alcaldesa acudiron o concelleiro de Emprego e Servizos Sociais, David Alonso; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Suso Gónzalez Pexegueiro, presidente da Agrupación de Protección Civil. Estiveron inspeccionando un par de aulas da pranta baixa que están actualmente en desuso e que, previa limpeza e redistribución de espazos, poderían servir para acoller a base da Agrupación de Protección Civil.
Este traslado daríalles unhas instalacións máis axeitadas e estarían máis próximos a Porriño para mellorar o seu tempo de resposta e polo tanto a súa operatividade.
A Agrupación Local de Protección Civil de Porriño está formada por voluntarios que realizan unha media de máis dun milleiro de intervencións cada ano dun xeito altruista e constituen unha garantía de atención ante emerxencias.

O Goberno Municipal de Porriño ten informes técnicos que acreditan que a empresa adxudicataria está a realizar axeitadamente os traballos de desbroces

O Goberno Municipal de Porriño dispon de informes internos que acreditan que a empresa adxudicataria está a realizar axeitadamente as tarefas de desbroces que o Concello lle adxudicou despis de gañar o concurso público.
Os informes dos técnicos municipais así o indican. Ambos informes foron requeridos pola Alcaldía para ter un contraste da calidade e condicións do servizo.
Un dos motivos era o persoal disposto pola empresa para acometer os traballos, especialmente durante os meses de maio e xuño cando houbo moitas chamadas de veciños indicando incidencias. Os informes certifican que “cumpriuse co número de traballadores” e que “o reparto das zonas de traballo acordabase entre o responsable da empresa e o encargado municipal”. “As variacións de persoal que se produciron debíanse a que no momento do inicio do servizo a situación das estradas era bastante mala xa que estábamos en plena primavera, polo que as chamadas dos administrados indicando incidencias existentes era moi elevadas, e os operarios da empresa dividíanse en parellas ou de forma unipersoal para realizar tarefas que urxían”.
No que atinxe á maquinaria empregada pola empresa, os informes certifican que estivo a utilizar a súa propia, agás cando un dos tractores averiouse nun par de ocasións polo que se lles cedeu un tractor municipal que estaba fora de servizo e que eles arranxaron”.
De xeito que o goberno municipal de Porriño desminte as acusacións sobre supostas “graves irregularidades e incumprimentos” no servizo de limpeza viaria que ven de reiterar o PP.

O goberno municipal de Porriño lamenta a deslealdade institucional tanto do conselleiro de Sanidade como do voceiro do PP local

O goberno municipal de Porriño lamenta a deslealdade institucional e as malas formas do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e do voceiro municipal do PP local que polo afán de protagonizar unha foto, traizoaron o procedemento que rixe as relacions entre institucions. Neste caso entre o Concello do Porriño e a devandita Consellería.

A Alcaldía de Porriño ainda está agardando que o gabinete do conselleiro de Sanidade fixe a data na que o señor Vázquez Almuiña tiña pensado vir a nosa vila a escenificar coa alcaldesa Eva García a firma do convenio e realizar o anuncio oficial dos trámites para licitación das obras de ampliación do Centro de Saude. A elección desa data leva tempo “pendente da axenda do conselleiro”, segundo o seu gabinete.

Tivera sido máis lóxico que Jesús Vázquez Almuiña e Alejandro Lorenzo reuniranse nunha sede do PP para interpretar este teatrillo político motivado polo exclusivo interese deste partido de significarse como pretendida oposición activa nun concello onde ainda non asumiu que estará outros catro anos máis na oposición.

O Concello do Porriño xa fixo a súa parte: enviou a aceptación das condicións do borrador, axeitadamente suscrito pola alcaldesa polo que a administración municipal cede gratuitamente a parcela onde se planifica a ampliación do Centro de Saude e comprometese a aportar accesos, aparcamento e suministros.
Agardamos da Consellería de Sanidade e do seu titular que visite Porriño e complete a súa parte. Que firme o convenio e informe a todos os representantes elixidos polo pobo porriñes dos prazos, características e orzamento da desexada ampliación do Centro de Saúde que demandamos dende hai unha década.

O Concello colabora coas Festas da Virxe da Guía en Atios

O Concello de Porriño colabora cunha importante achega económica na celebración das Festas da Virxe da Guía en Atios que arrancaron o pasado sábado e rematarán o xoves.
A cooperación do Concello traducese na aportación de palcos, contenedores, vallas, banda de música e labouras previas de desbroce que realizaron as Concellerías de Festas e Limpeza. 
Unha representacióm do goberno municipal asistirá o 15 de agosto ós actos centrais da festividade. 
Este ano a comisión organizadora deu a campana coa contratación do dúo “Camela” que actuarán a partires das 22 horas.

A segunda sesión de “Cinema na rúa con flocos de millo” será na praza do Concello

A segunda sesión de “Cinema na rúa con flocos de millo” será mañá mércores, a partires das dez da noite, na praza Arquitecto Antonio Palacios. Será ó aire libre agás que mudase a previsión meteorolóxica. Nese caso – como xa ocorrera hai unha semana- pasaríase ó Centro Cultural Municipal.

A película que se proxectará nesta segunda sesión de “Cinema na rúa” será “Los Increíbles II”. Esta cinta é producto da colaboración entre “Píxar Studios” e “Walt Disney Pictures”. Trátase da segunda entrega das aventuras da familia de superheroes á que se engade o bebé “Jack-Jack” tamén dotado de super poderes que descubrirán os espectadores que acudan á praza do Concello.

Lembramos que a entrada é gratuita e que tamén serán de balde os flocos de millo (palomitas) que se repartirán entre o público asistente. 
“Cinema na rúa con flocos de millo” é unha das actividades financiadas polo Concello do Porriño co gallo da programación cultural de agosto 2019.

A Xunta de Galicia confirma ó Concello a subvención para o obradoiro de emprego “Porriño Xove”

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria  ven de confirmar ó Concello a concesión dunha subvención de 180.021 € para a realización do obradoiro de emprego denominado “Porriño Xove”. Dezaseis aspirantes serán seleccionados como alumnos traballadores nas seguintes especialidades formativas: a metade dos seleccionados cursarán atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións; e os outros oito seleccionados formaránse en operacións de gravación e tratamento de datos da Concellería de Emprego en Torneiros.

As 8 personas que se formen para atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, deben ter como requisito indispensable o título da ESO.

O Concello canalizará estes cursos a través do departamento “Porremprego”. Trátase de contratos de formación e aprendizaxe que terán unha duración prevista de 6 meses. As actividades formativas impartiránse dende o vindeiro 30 de setembro ata o 29 de marzo de 2020. Pretendese formar a 16 persoas desempregadas menores de 30 anos e que estean anotados no Sistema de Garantía Xuvenil.

Todas as persoas desempregadas que cumplan cos devanditos requisitos e que estean interesadas en formar parte do alumnado deste OBRADOIRO DE EMPREGO “PORRIÑO XOVE”, deberán acudir á oficina de emprego do Porriño e anotarse en Obradoiros. As persoas que non estean inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil poderán inscribirse no mesmo día que solicitan anotarse en Obradoiros.

O goberno municipal estuda coa S.D. Mosende posibles arranxos no campo de futbol do Folón

Unha comitiva municipal encabezada por Lourdes Moure, alcaldesa accidental e David Alonso, concelleiro de Deportes visitaron hoxe o campo de futbol do Folón para comprobar in situ as melloras demandadas polo presidente e directivos de ese club. A principal reivindicación é retirar os postes metálicos que sosteñen as redes para evitar a saída dos balóns tras as respectivas porterías. A proximidade deses postes ó terreo de xogo constitue un risco. “O seu retranqueo é unha prioridade por razons de seguridade que vai ser atendida de inmediato polo Concello”, segundo manifestaron Lourdes Moure e David Alonso.
As obras do campo da SD Mosende veñen arrastrando problemas de planeamento dende que no ano 2014, co últimos gobernos do PP tanto en Porriño como en Deputación, planificouse unha mellora que incluía a colocación do céspede sintético cun orzamento aproximado de 122.000 €.

Sen embargo houbo que agardar dous anos para o remate das obras cando o proxecto foi retomado e axilizado polo primeiro goberno municipal de Eva García e con Manuel Carrera na concellería de Deportes. Pero ainda quedan flecos por resolver como o retranqueo deses postes metálicos e tamén do muro de peche por un lateral do campo, donde hoxe estaban realizándose tareas de desbroce e limpeza por personal do Concello de Porriño.

O pleno municipal extraordinario forzado polo PP pretende impedir o pagamento ós proveedores do Concello

O Goberno Municipal de Porriño ten que lamentar novamente a política de atrancos e maniobras que os concelleiros do PP e nomeadamente o seu voceiro, están a empregar para dificultar a gobernabilidade da nosa vila.
Agora o PP está a sacar peito pola consecución dun pleno extraordinario convocado para o luns 26 de agosto cuia orde do día pretende realmente prolongar o pagamento a proveedores do Concello e persigue unha revisión de oficio da facturas de tres exercicios e polo tanto a nulidade das facturas, algo inédito no municipalismo galego.
O Goberno Municipal ten solicitados informes á Intervención Municipal e tamén á Deputación Provincial ante semellante proposta.
Namentres o Goberno Municipal ten que lembrar que as maniobras do PP impediron xa hai case que duas semanas a celebración do pleno municipal que ía celebrarse o pasado 30 de xullo. Aquela sesión tivo que cancelarse ante un erro administrativo que o Partido Popular pretendía aproveitar para solicitar a invalidez dos posibles acordos que se adoptaran na sesión como o o propio PP anunciara.
Como xa dixera entón este gonberno municipal resulta altamente contradictorio que o PP reivindique o pago das facturas pendentes e cando atopámonos ante unha sesión plenaría na que figuraban duas propostas que facilitarían o pago de máis de dous millóns de euros en débedas, poñan impedimentos para a celebración do pleno.
Lembramos que na sesión plenaria cancelada destacaban as propostas de aprobación de sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios.
Unha das propostas era para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros.
A outra proposta era para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros.
Agora é o PP con ese pleno extra, o que quere é botar abaixo toda a facturación e soterrar ós proveedores a outro longa espera.

Definitivo: “A Noite de Humor” pasase ó Centro Cultural Municipal

O departamento de Cultura de Porriño confirma que o espectáculo “Noite de Humor”, previsto para esta noite, pasase ó Centro Cultural Municipal á vista da situación meteorolóxica e a previsión para as próximas horas.
Será a partires das dez da noite con entrada libre e de balde ata completar aforo. Tratase doutro evento integrado na programación cultural de agosto do Concello de Porriño.

Os protagonistas desta Noite de Humor serán dous coñecidísimos actores galegos que además son dous excelentes monologuistas: Avelino Gónzalez e Isabel Risco.
Avelino, actor que ten encarnado moitos papeis pero especilamente lembrado polo de “Miñato” na serie televisiva “Padre Casares”, presentará “Contos de contrabando”, unha serie de historias onde a realidade supera a ficción.
E Isabel Risco, unha das mellores cómicas de Galicia con numerosos papeis destacados en programas da TVG como “Land Rober”, “Era visto” ou “Tourilandia”, trae a Porriño o seu show “Nabiza Girl”, unha sorte de heroína do rural galego.