O Concello de Porriño, ante a petición xeralizada de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios do centro urbán, vén de contratar á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica. A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, está a expensas da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar as labouras de trampeo que deberán alongarse durante un ano, a través de accións mensuais.

Polas estimacións dos técnicos de “Rentokil”, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán da cidade, segundo a explicación que representantes da firma deron ós concelleiros do goberno municipal, Lourdes Moure e Orlando Marquez.

A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse no edificio de “Instalauto”, o carón da Praza da Central; e tamén no edificio do Concello, en praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous comprobouse que as pombas colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte destas aves.