O Porriño acollerá este sábado unha nova edición do Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño organizado por Avanza AD en colaboración co Concello do Porriño.
Na que será a sexta edición desta proba deportiva daranse cita máis de 215 ciclistas das diferentes categorías, entre os que concurrirán figuras locais do ciclismo. Como na pasada edición, realizarase unha proba de promoción, aberta para a categoría infantil, nados no 2010 e 2011.
Desta vez o escenario será a contorna das pistas municipais de atletismo, no polígono industrial da Granxa, onde se habilitará un circuíto de 2,8 km.
“Un percorrido de ciclocros moi clásico que non vai defraudar , con zonas para todos os gustos, dende as máis rápidas onde abrir gas ata outras máis retorcidas e resbaladiza”, indicaron dende Avanza, “Pero sobre todo o que garantizamos é ciclocros en estado puro con moita auga e barro para disfrutar a tope”.
Pola súa banda o alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer aos organizadores non só a organización dun evento deste nivel, senón o traballo que desenvolven durante o ano na súa escola de ciclismo “onde moitos nenos e nenas descubren a súa vocación e medran como persoas e como deportistas”.
A proba dará comezo ás 11:30 h coas categorías infantís masculino e feminino. A seguinte manga será ás 12 h cos cadetes, 12:45 h Féminas Cadete, Féminas Master, Feminas Élite, Sub 23 e Junior, ás 13:30 h pechan a mañá as categorías Elite-Sub 23 e Junior. Xa pola tarde retómase a carreira ás 15:45 h con Máster 30/50/60 e ás 16:40 h Master 40.