A Concellería de Emprego informa dos itinerarios formativos do programa “Labora 2020” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun proxecto cofinancíado polo Fondo Social Europeo, de interese para persoas desempregadas do Porriño.
Son cursos que se imparten de xeito gratuito e destinados para quen se atope en algunha das seguintes situacións: persoas desempregadas de longa duración; mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa de Emprego Xuvenil; persoas maiores de 55 anos; persoas con discapacidade; inmigrantes; minorías étnicas e comunidades marxinadas.
Tamén a convocatoria abrangue a persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar; e finalmente, outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.
Para solicitar a preinscrición son necesarios os seguintes pasos:
• Solicitar a formación correspondente na oficina de emprego correspondente ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.xunta.gal).
• Facendo a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482)
Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.