Avada, en colaboración co Concello do Porriño, o Centro de Saúde e a AECC do Porriño, organizaron unha serie de divertidas actividades na praza do Arquitecto Antonio Palacios con motivo do Día Mundial Sen Tabaco. Xogos de dados e preguntas relacionadas cos perigos do tabaquismo fixeron que os viandantes se achegaran, informaran e concienciaran sobre esta problemática que afecta tanto aos fumadores, como ás persoas que os rodean.

Mauricius, veciño do Porriño, comenta que deixou de fumar hai un ano porque concienciouse de que non era bó para a súa saúde. Evitar lugares onde normalmente hai fumadores, axudoulle durante os primeiros meses. Tamén decidiu empezar a facer deporte de xeito máis regular, para cambiar os seus hábitos e ser máis saudable. Hoxe, un ano despois, “nótome con maior capacidade pulmonar, e máis en forma!”, declara.
O Concello do Porriño ofrece más información e varias guías descargables en formato pdf na súa páxina web ecultura.net.
Por que non se debería fumar? Estadísticas demoledoras
Fumar é a principal causa previsible de enfermidade e morte no noso medio. O tabaco provoca, directa ou indirectamente, máis de 5.000 mortes anuais en España, unha morte cada 11 minutos, segundo confirmou Ramón Reyes, presidente da AECC, o pasado mes de abril. A investigadora Diana Carolina López Medina, salienta que a exposición do fume ambiental do tabaco producíu 747 mortes en España no ano 2020. Ademais, a morte dun non fumador exposto ao fume do tabaco, relaciónase coa existencia de 400 fumadores, como recolle na súa tese doutoral defendida recentemente. O 50% da mocidade española entre 18 e 21 anos consume tabaco mensualmente, uns datos preocupantes, segundo Reyes, que amosan que os mozos e mozas non perciben o fumar como un risco.
