O Punto SmartPeme do Porriño celebra o vindeiro xoves, día 13 de xullo, ás 7 da tarde-no Centro Multiusos de Torneiros-, o taller “Google Calendar, moito máis que unha axenda’.
O obxectivo do mesmo é que os directivos e xerentes de Pequenas e Medianas Empresas aprendan a planificar a súa axenda e a dos seus empregados dende esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar, nos seus dispositivos móbiles, coa súa axenda de contactos en Google.
Con esta ferramenta pódense crear moitos calendarios compartidos entre os distintos usuarios da empresa, ou externos, e organizar citas con clientes o provedores, facéndolles invitacións a distintos eventos.
Os contidos deste taller serán: Planificación das miñas tarefas e xuntanzas; Creación e xestión de almanaques compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa; invitacións a reunións cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación; conexión coa axenda de contactos e Sincronización cos dispositivos móbiles
As persoas interesadas en participar neste taller poden inscribirse no mesmo mandando un correo ao enderezo oporrino.smartpeme@depo.es, chamando ao número de teléfono 886 20 20 20 ou entrando no portal web SmartPeme – www.smartpeme.depo.es.