Esta mañá presentouse a VIII edición de Porrigalia, a festa dos Xogos Olímpicos do Porriño no que participan castrexos, galos, exipcios, romanos e gregos. O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado por Astérix e Obélix co seu fiel amigo canino Ideafix, o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, a maratoniana Ana Gómez, e representantes da hostalería do Porriño, deu a coñecer a programación de Porrigalia para os días 12, 13 e 14 de xullo.

Astérix e Obélix, acompañado polo seu fiel amigo canino Ideafix, estiveron entrenando os saltos de lonxitude na praza do Arquitecto Antonio Palacios, xunto a algúns nenos e nenas do Porriño. Alejandro Lorenzo e Ana Gomez aproveitaron para animar a toda a cativada e os adultos a “participar nestas festas tan divertidas, con programación para todos os públicos e pensadas para disfrutar coa familia e as amizades”, declara Ana. “Unhas festas que contan co apoio de moitas asociacións, ANPAS,clubes deportivos, hostaleiros e comerciantes…, e de todos os veciños e veciñas do Porriño, que a fan posible”, engade o rexidor.

O venres 12 tomarán as rúas da vila 9 comparsas representando as civilizacións dos galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, que disputarán os xogos da Porrigalia. Máis de 150 participantes que acompañarán á corredora Ana Gomez e Claudio Giráldez, entrenador do Celta de Vigo, porteadores da chama olímpica desta edición. Giráldez, ademais, será o encargado de dar o pregón.


Concertos de A Roda, Lucía Pérez ou A Gramola Gominola, súmanse á programación musical, con moitas sorpresas máis

A música é parte fundamental da Porrigalia, e ademais das charangas nas rúas que quentan o ambente durante os tres días de festa, este ano a veciñanza do Porriño poderá disfrutar da música en vivo de varios grupos musicais. Lucía Pérez, actuará o venres 12 de xullo ao rematar o pregón e o acendido da chama olímpica. La Patrulla dará un concerto o sábado 13, despois do “secuestro” do alcalde. Ese mesmo día, ás 21:30 A Gramola Gominola tocará tamén na mesma praza. E o domingo actuarán os Gin Toni’s ás 13:00, Picadiscos MariFaltri ás 19:00 e A Roda.

Durante toda fin de semana haberá actuacións de DJ’s nas distintas prazas da vila. Figuras como DJ Donper, DJ Brokkt, DJ Keva, DJ Rulo, DJ Mus ou DJ Juan de Marco, amenizaran as veladas do venres e o sábado. As probas olímpicas para grandes e pequenos, os xogos populares, espectáculos infantís, teatro, a tradicional queimada do Rei Panoramix, e o espectáculo “Lume” de Troula, completarán a programación deste ano, que tendrá máis sorpresas… Esperamos que o alcalde volva recuperar o mando antes de que acaben as festas.

Toda a programación de Porrigalia está dispoñible na web do Concello do Porriño porrigalia.org.