Eva García, alcaldesa do Porriño firmou este mediodía con Enrique Mastral, director xeral da empresa “Massilly Ibérica Iberembal”, a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal.
O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. Localizase no PPI 7, na parroquia de Budiño. A firma compradora vai construir unha factoría de envases metálicos para conservas alimenticias. O director xeral da firma manifestou que “temos en marcha un importante proxecto de futuro para o seu desenvolvemento nos mercados de Galicia e Portugal”
“Masilly Ibérica IBEREMBAL” fora a única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas que o Concello do Porriño convocara e que rematou en decembro de 2020.
A operación é por un importe de 960.000 euros (máis IVE) o que suporá un ingreso moi importante para a tesorería municipal que “se destinará a diversos investimentos no concello para a mellora da calidade de vida da veciñanza”, manifestou a alcaldesa, Eva Garcia ao remate da firma.