¿Queres probar os “mellores callos do mundo”?, o domingo que vén, día 30, en plenas Festas do Cristo, os entusiastas deste plato poderán gozar del en 38 locais do Porriño: Amaquía, A Capela, A Francachela, Adega de Montero Vinoteca, Argentino 2, Bar Celtiña, Bar Liceum, Café Bar Adèle, Cafetería Alameda, Cafetería El Sol, Cafetería O Porriño, Cafetería Platinum, Cafetería Rami, Cafetería Xuntos, Cólleo con Pinzas, El Alambre del Abuelo, Elcincuentaicinco, Hamburguesería Fran, Hotel Parque, La Bici, La Cueva, La de Chato, La Pantera Rosa, Los Milagros Panadería, Maloserá, Mesón Mondariz, Milenium 33, O Xantar de Pepa, Paso a Nivel, Restaurante Manolo, Restaurante Pontenova, Restaurante Val da Louriña, Saspi, Scala, Tapería Maracaibo, The Classic, Timarsane, en Torneiros, e Zentral.

#FestasdoCristo2018 Presentación da 25 Festa dos Callos do Porriño

Publiée par Concello do Porriño sur Mardi 25 septembre 2018

A alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto-convencido da idea de que “no Porriño temos os mellores callos do planeta”, o presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño, José Manuel Fernández, a xerente da Asociación de Comerciantes e Industriai do Porriño (ACIPOR), Noelia Conde, e unha das grandes atraccións deste ano, o pregoeiro: o grande futbolista Antonio Pexegueiro Riveiro, “Vavá”, presentaron esta festa gastronómica que cumpre este 2018 as súas ‘Bodas de Prata’.

A alcaldesa pecha a presentación da Festa dos Callos do Porriño 2018

Publiée par Concello do Porriño sur Mardi 25 septembre 2018

Parte do espectáculo que agarda no pregón adiantouno xa ‘Vavá’ na presentación desvelando a súa receita dos callos-que as e os interesados poden ainda recuperar entrando no Facebook e Twitter do Concello do Porriño-; outro dos atractivos foi a “grande variedade” de presentación e xeitos de servir os callos, entre elas os famosos callos con pasta ou a receita vegana e sen glute e, cómo non, o poder acompañar este plato co inigualable pan do Porriño.

A receita dos callos de Vavá, pregoeiro da Festa dos Callos deste ano

Publiée par Concello do Porriño sur Mardi 25 septembre 2018

Outro dos motivos para non deixar de estar no Porriño este domingo será o prezo das racións: 4,5€-o mesmo que a edición de 2017- ou 4€ se os callos son para levar, algo moi recomendable para quen vaia a xantar ese día en familia e queira quedar coma un rei.