O Concello do Porriño anuncia diversos eventos da programación de Nadal que terán lugar a partires do venres 27 e durante a fin de semana.
Ademáis do Mercado de Nadal que finalmente vaise celebrar sábado e domingo na rúa peonil -do que xa informamos noutra nova nesta mesma páxina web-, haberá oito actividades máis, segundo confirma a Concellería de Festexos.
O venres 27 teremos o Concerto das Maimiñas e as Panxoliñas e Noemí Fernández. “Maimiñas” é o dúo formado polas profesoras de música: Lucía Lago, “Mai”, e Irene Álvarez Lago, “Miña” que visitan O Porriño para convidar a nenos e maiores a gozar dunha tarde navideña de música, baile e alegría. A partires das 18 horas no escenario instalado na praza do Concello. E a continuación delas, actuará a cantante porriñesa Noemí Fernández. Ven de quedar subcampeona na final do “Tour Music Fest”, certame europeo de novos valores musicais celebrado este mesmo mes en Roma.
O sábado 28 haberá obradoiros infantís. Na praza do Arquitecto Palacios en quendas de mañan (11 h a 14h) e de tarde (de 17 a 20 h). Tamén o sábado teremos o desfile da Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos, a partires das 19 h, por diversas rúas da vila. E finalmente o sábado haberá o “Festival de Dj’s” previsto na carpa do Roxy, desde as 23 horas.
O domingo 29 haberá outros dous obradoiros infantís en quendas de mañán (de 11 a 14 h.) e de tarde (de 17 h. a 20 h.).
Asimesmo o domingo 29 teremos a visita do Apalpador, patrocinada pola Deputación, que estará cos nenos e as nenas do Porriño a partires das 19 horas, percorrendo diversas rúas da vila.