O departamento de Cultura de Porriño confirma que o espectáculo “Noite de Humor”, previsto para esta noite, pasase ó Centro Cultural Municipal á vista da situación meteorolóxica e a previsión para as próximas horas.
Será a partires das dez da noite con entrada libre e de balde ata completar aforo. Tratase doutro evento integrado na programación cultural de agosto do Concello de Porriño.

Os protagonistas desta Noite de Humor serán dous coñecidísimos actores galegos que además son dous excelentes monologuistas: Avelino Gónzalez e Isabel Risco.
Avelino, actor que ten encarnado moitos papeis pero especilamente lembrado polo de “Miñato” na serie televisiva “Padre Casares”, presentará “Contos de contrabando”, unha serie de historias onde a realidade supera a ficción.
E Isabel Risco, unha das mellores cómicas de Galicia con numerosos papeis destacados en programas da TVG como “Land Rober”, “Era visto” ou “Tourilandia”, trae a Porriño o seu show “Nabiza Girl”, unha sorte de heroína do rural galego.