A alcaldesa Eva García firmou esta mañá a convocatoria do pleno ordinario deste mes de novembro que se vai celebrar o vindeiro mércores 27 ás 18 horas. A orde do día ten nove asuntos máis rogos e preguntas.

Presentase para a súa aprobación o pago de facturas pendentes a pequenos e medianos proveedores do Concello por un importe global de 750.000 euros. Son facturas correspondentes ós exercicios de 2017 e 2018 que se atopaban na partida 413 cuio desbloqueo acadou o goberno municipal por mayoría cos votos de PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera. Consecuencia daquel acordo do pleno corporativo do pasado 30 de otubro e previa comprobación polos diferentes departamentos e servizos municipais, agora lévase a recoñecemento extraxudicial neste pleno.

Os pagos son para proveedores de combustible, gas, telefonía, proxectos, servizos, publicidade, reparación de vehículos e actos varios.

No transcurso da sesión terá lugar a comparecencia da concelleira de Economia e Fazenda, Lourdes Moure para explicar pormenorizadamente a operación de renting do parque móbil municipal e presentar unha comparativa cos gastos do goberno de Nelson Santos.  

A este mesmo pleno municipal lévase de novo a adxudicación definitiva do contrato de limpeza viaria, asunto que tamén motiva unha nova moción do grupo municipal do Partido Popular que denuncia incumprimentos de contratos por parte de “Ascan”.

Outras duas mocións completan a orde do día. Unha a cargo de EU SON que despois do 25N prantexa trece medidas para comprometer activamente ao Concello do Porriño contra a violencia de xénero.

Por outra banda, a moción do BNG alcumada “Vía Galega” refírese ó problema do baleirado poboacional na nosa comunidade. A moción que irá ó pleno da Corporación, en caso de aprobarse, instará ó Parlamento Galego a constitutir unha comisión que no prazo de 5 meses propoña as políticas necesarias para rematar con este drama social.