Este mércores 19 constituirase a Comisión Especial para a Descontaminación por Líndano na que, en principio non haberá representantes da Xunta de Galicia. Nin a Consellería de Sanidade nin a Consellería de Medio Ambiente atenderon, ata de agora, a invitación do Concello de O Porriño para que designaran ós seus vogais na devandita Comisión Especial. De feito o pasado 14 de xaneiro, dende Alcaldía remitíronse sendas cartas ós titulares de ambas Consellerías reiterando a invitación.

Eva García como alcaldesa será a presidenta da Comisión na que integrase un concelleiro por cada grupo municipal. Asimesmo os sindicatos UXT, CCOO e CIG nomearon un delegado por cada un deles. Tamén hai un vogal pola Plataforma de Afectados do Líndano e por suposto, hai representación veciñal de Relva, Alba e San Salvador

A creación desta Comisión Especial, previamente consensúada pola alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais, acordouse formalmente en pleno pola Corporación Local. A estructura da Comisión Especial que se determinou incluía ás dúas Consellerías citadas entendendo que a sua participación é indispensable pola natureza do asunto.