Esta noite conclue “O Porriño Street Food”, evento que trouxo un ambiente de animación extraordinario ao combinarse coas diversas actividades de lecer que se desenrolaron ó longo dos tres días.
No espazo que ocupou entre a rúa peonil e a praza do Concello, congregou unha seleccionada oferta gastronómica, música en directo e un mercado con expositores de Porriño e bisbarra.
Deste xeito Porriño incorporouse a unha tendencia cada vez máis extendida que demanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos o que se evidenciou nunha altísima presenza de público da área metropolitana.
Os seis camions con cociñas sobre rodas participantes foron os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”,“Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León).
Os “food trucks” “ofreceron propostas gastronómicas suculentas e orixinais coma hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas orixinais, cociña
vegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor.
A oferta gastronómica estivo complementada dende o venres pasado por diversas actividades musicais e de animación infantil que reflexamos nas fotografías que acompañan esta información.
A organización estivo a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food”.