Carmela Silva asinou está mañá 21 convenios cos alcaldes e alcaldesas da provincia dos 25 concellos que disporán de 15 millóns de euros para obras singulares dentro do Plan de reequilibrio territorial do ente provincial.
A presidenta da Deputación subliñou a “celeridade” da administración provincial para poñer a disposición dos concellos estes fondos e a dos concellos en aprobar os seus proxectos que permitirán que os entes locais podan, de maneira inmediata, licitar as obras incluídas neste plan.
No caso do Porriño, a Deputación de Pontevedra achegará 800.000€, como sinala o convenio asinado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, para levar a cabo a actuación no módulo de atletismo, cuxo custe total é de 1.000.000€.