O Concello do Porriño, a través da súa concellería de Vías e Obras está a desenvolver melloras en varios centros, co fin de acondicionar estas instalacións nas que se desenvolven moitas das actividades culturais, deportivas e recreativas das parroquias.

O alcalde e o concelleiro visitaron dous deles na parroquia de Budiño, concretamente o do Mosteiro e  o da Cruz, onde se executaron melloras de acondicionamento e accesibilidade.

No centro cultural do Mosteiro construíse un cuarto de baño adaptado, respondendo a unha antiga demanda da veciñanza xa que carecía deste servizo, ademais da mellora da pista deportiva. No caso do centro cultural da Cruz, pintouse o local interior e executouse a placa no teito do mesmo, colocando unha baranda de seguridade en todo o perímetro.

“As melloras nos centros culturais continuarán en todas as parroquias, xa que dende o Concello entendemos que é neles onde se concentra a vida social e lúdica das parroquias e debemos contribuír a que poidan facelo en boas condicións”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo.