La alcaldía de Porriño enterada da convocatoria dunha concentración convocada pola Plataforma Antilindano para o vindeiro luns na praza do Concello, quere precisar o seguinte:
1) Mostrar o máximo respeto ó dereito dos veciños a manifestarse. Pero urxe clarexar que a citada Plataforma que chama “a tomar a Praza do Concello” está dirixida por personas con intereses partidistas que están a xenerar movilizacions para buscar un rédito electoral suscitando e xogando cos miedos dos veciños
2) Negar taxativamente que o Concello fixera obras sen control ou que permitiese que terras con lindano se espallasen de calquera xeito. Polo contrario: o Concello axustouse ós protocolos de seguridade requeridos.
3) Tales acusacions son radicalmente falsas e ademáis calumniosas. Non se pode acusar a este Concello e a esta alcaldesa de estar a rirse dos veciños cando cumplimos coas exisencias que nos teñen requerido. Este Concello segue solicitando á Xunta de Galicia que acometa o plan de descontaminación do lindano como vimos de pedir novamente á Consellería de Medio Ambiente.
E 4) Finalmente, á vista da gravedade das acusacions verquidas, esta Alcaldía valorará o exercicio das accions xurídicas precisas para defenderse de semellantes inxurias.