O Concello de Mos cortará hoxe venres a rotonda das Angustias o que vai producir graves afeccións no tráfico do Porriño

O Concello de Mos anunciou que este venres 6 vai cortar á circulación durante seis horas a rotonda das Angustias. Ó parecer o motivo é o acendido do seu alumeado de Nadal. Entre as 16 e as 21 horas.

A ninguén no Porriño ocultaselle que esta medida vai xenerar graves afeccións no tráfico na nosa vila.

En consecuencia a Policía Local de O Porriño vai ter que adoptar as seguintes medidas:
– se cortará ó tráfico a Avenida de Galicia, prohibindo a circulación agás residentes.
-se cortará a Rua Ramiranes á altura de “Foto Paco”
– tamén se cortará nos Aloques xa que non haberá opción de saída cara Mos.

Seguen as conversas para solucionar a travesía de A Vaquería na PO-510

Pedro Pereira, concelleiro de Infraestructuras mantivo hoxe reunións coa Xunta de Galicia e logo cos veciños de A Vaquería para revisar como vai o proxecto de mellora da seguridade viaria nesa travesía da estrada PO 510 ó seu paso por Budiño.

O primeiro tenente de alcalde comentou que “ainda non temos avances sustanciais”.

A Xunta de Galicia mantén a súa proposta de resolver o problema mediante un vial que conecte a PO-510 coa Autovía A-55.

Unha solución de semellante natureza que carece de momento de dotación económica nos Orzamentos Xerais de Galicia para 2020 requerirá establecer acordos co Ministerio de Fomento para realizar a pretendida conexión e cos empresarios do Polígono de A Granxa para resolver os accesos a fábricas e empresas afectadas.

Pedro Pereira manifestou a súas “cautelas ante o risco de que para solventar unha afección rematemos xerando outras afeccións xa que haberá que resolver moi ben as conexión interiores e cos polígonos industriais” como explicou ós vecinos de Budiño cos que se reuniu despois. 

 

Comparecencia da concelleira de Facenda para explicar o renting do parque móbil municipal e a adquisición de locais para a UNED e Servizos Sociais.

Lourdes Moure, concelleira de Facenda do goberno municipal explicou nunha ampla comparecencia no pleno da Corporación celebrado onte, a operación de renting realizada para renovar o parque móbil municipal e tamén a adquisición de locais para unha aula da UNED e para oficinas de Servizos Sociais.
No que atinxe a renovación dos vehículos para o Concello, Lourdes Moure argumentou que “o Concello de O Porriño tiña unha flota envellecida e en mal estado” polo que “optouse por un contrato de renting de envergadura para renovar o parque móbil con garantías de seguridade para o persoal municipal e de cobertura das necesidades básicas para o Concello”.
A concelleira explicou que “levouse a cabo un estudo do custe anual do renting fronte aos custes de xestión directa polo Concello tomando como referencia o período 2010-2014. E fixemos a súa comparación co período 2015/2019 no que xa empregamos a fórmula de renting”.
Lourdes Moure manifestou que “comprobando os datos extraídos da contabilidade resulta que coa xestión deste goberno e facendo a comparativa co goberno anterior, atopamos que hai un aforro de máis de 900.000 euros na comparación a favor noso co respecto o de Nelson Santos”.
A concelleira de Economía e Fazenda engadiu o dato de que “no período 2010 / 2014 no que gobernou po PP, soamente o Sr. Alejandro Lorenzo, percibiu 8.254,75 € en concepto de dietas de desprazamento, dos 27.008,93 € que percibiron o resto do goberno municipal que erades 9 concelleiros”.
A concelleira comparou ese dato “co custe que lle indico de 3.017,41 € do goberno municipal do PSOE no mandato anterior, que corresponde cos gastos ocasionados polo irmanamento con Francia e inclúense o custe do viaxe a Madrid para solucionar o problema do Paso a Nivel”.

Pola súa banda o voceiro municipal do Partido Popular agradeceu a entrega da documentación solicitada pero rexeitou os datos aportados pola voceira socialista. “Teño a sensación de que está vostede a misturar moitas cousas e conceptos” respostou Alejandro Lorenzo que afirmou que se reserva a demanda de máis información.
Pola súa banda Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde e voceiro do BNG expusou “estar en discrepancia tanto co fondo como coa forma da exposición da concelleira comparecente” ainda que evitou pormenorizar e apelou a que “o que agora toca es mudar certos hábitos de gasto desde o novo goberno coaligado”.
Tamén o voceiro de EU Son indicou a súa discrepancia coa exposición da comparecente lamentando “a ensalada de número e cifras que trouxo e nos entregou a cada grupo”.
Por outra banda, na segunda parte da súa comparecencia Lourdes Moure informou sobre a compra dos locais para aula da UNED en rúa Fernández López y para Servizos Sociais do Concello en rúa Antonio Palacios. Como parte das xestiones realizaounas a alcaldesa, tamén Eva García participou das explicacións.
Razonaron que a adquisición de ambos locais resultaba con mellores condicións para o erario municipal e ademáis adquiríase patrimonio para o Concello. En canto ós prezos aboados estaban en consonancia cos de mercado. A alcaldesa argumentou que “con cada un deles destistiuse dos contratos de aluguer inicialmente prantexados”.
O voceiro do PP preguntou si habería que aboar os alugueres de ese período inicial (tres meses). A alcaldesa garantiu que non por común acordó entre Concello e axencia inmobiliaria.
Pola súa banda, o BNG expresou a súa discrepancia co local elixido para a UNED entendendo – como tamén argumentou o voceiro de EU Son- que tería sido “máis axeitado trasladar esa aula a Torneiros, xa fora ó multiusos ou ben a outros locais dispoñibles”.
Para rematar o debate do asunto Eva García lembrou que co novo pacto de goberno, “esta alcaldesa delegará as súas competencias e polo tanto será decisión do pleno municipal o que atinxe ó patrimonio municipal, xa sexan compra-venda, aluguer, permuta e cesión”.

O vindeiro sábado 30, nova quenda do curso de conducción segura

A Policía Local de O Porriño comunica que ainda hai prazas vacantes para participar o vindeiro sábado 30 no curso de conducción segura que se imparte gratuitamente para veciños/as empradoados no noso concello. O curso financiase cos cartos recaudados nas multas de tráfico e persegue mellorar as capacidades na conducción ante situacións imprevistas aminorando riscos.

A quenda deste vindeiro fin de semana sustitue á suspendida o pasado 2 de novembro que fora aprazada polo mal tempo. A inscripción podese facer nas oficinas da Policía Local.

O curso “Conduce con xeito” conta coa colaboración de varios pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campeóns de España en 2017, xunto cos locais David Gónzalez, de Porriño e o mosense Miguel Rodríguez.
Imparten as súas ensinanzas nas partes teórica e práctica deste curso durante catro horas na mañá do sábado.
Ademaís colaboran varios axentes da Policía Local do Porriño que coordina a intendencia e loxística deste curso, baixo a dirección da concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.

Convocado pleno municipal ordinario de novembro

A alcaldesa Eva García firmou esta mañá a convocatoria do pleno ordinario deste mes de novembro que se vai celebrar o vindeiro mércores 27 ás 18 horas. A orde do día ten nove asuntos máis rogos e preguntas.

Presentase para a súa aprobación o pago de facturas pendentes a pequenos e medianos proveedores do Concello por un importe global de 750.000 euros. Son facturas correspondentes ós exercicios de 2017 e 2018 que se atopaban na partida 413 cuio desbloqueo acadou o goberno municipal por mayoría cos votos de PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera. Consecuencia daquel acordo do pleno corporativo do pasado 30 de otubro e previa comprobación polos diferentes departamentos e servizos municipais, agora lévase a recoñecemento extraxudicial neste pleno.

Os pagos son para proveedores de combustible, gas, telefonía, proxectos, servizos, publicidade, reparación de vehículos e actos varios.

No transcurso da sesión terá lugar a comparecencia da concelleira de Economia e Fazenda, Lourdes Moure para explicar pormenorizadamente a operación de renting do parque móbil municipal e presentar unha comparativa cos gastos do goberno de Nelson Santos.  

A este mesmo pleno municipal lévase de novo a adxudicación definitiva do contrato de limpeza viaria, asunto que tamén motiva unha nova moción do grupo municipal do Partido Popular que denuncia incumprimentos de contratos por parte de “Ascan”.

Outras duas mocións completan a orde do día. Unha a cargo de EU SON que despois do 25N prantexa trece medidas para comprometer activamente ao Concello do Porriño contra a violencia de xénero.

Por outra banda, a moción do BNG alcumada “Vía Galega” refírese ó problema do baleirado poboacional na nosa comunidade. A moción que irá ó pleno da Corporación, en caso de aprobarse, instará ó Parlamento Galego a constitutir unha comisión que no prazo de 5 meses propoña as políticas necesarias para rematar con este drama social.

 

Primeira reunión de traballo do equipo de goberno coaligado “moi constructiva”, segundo a alcaldesa

A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
Esta primeira reunión foi valorada pola alcaldesa Eva García como “fluída e moi constructiva”.
A alcaldesa detallou que “puxemos en antecedentes ós novos compañeiros de goberno sobre as actuacións en marcha, especialmente nos asuntos que van ser competencia deles para que vexan como están como por exemplo os actos para o 25N Día contra a Violencia de Xénero así como os preparativos para Festas de Nadal”.
Estas reunións de traballo do equipo de goberno coaligado vanse celebrar semanalmente para establecer liñas de actuación conxuntas, segundo acordaron.


Pedro Pereira e Cami Moreira incorporaronse desde onte xa de xeito efectivo ó goberno municipal.
Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira é o primeiro tenente de alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista ocupa a segunda tenencia de alcaldía.
Ademáis Pedro Pereira asume as competencias de Urbanismo, Infraestructuras, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas.
Pola súa banda Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística.

A Policía Local e Protección Civil de O Porriño colaboran no auxilio ás víctimas dun espectacular accidente de tráfico na A-55

Dúas personas resultaron feridas pola caída dun vehículo desde un viaducto da A-55 á vía do tren. O suceso aconteceu ás 19,05 nos accesos a Autovía e ó Polígono de As Gandaras. Patrullas da Polícia Local de O Porriño e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron a atender o sinistro.
Debido a caída do vehículo á vía do tren tivo que interrumpirse a circulación ferroviaria ata as 20,50 horas.
Para a retirada do vehículo foi precisa unha grua e a Intervención de efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros.


Tamén interviron axentes da Garda Civil de Tráfico que regularon á circulación mentres se evacuaron os feridos ao Hospital Alvaro Cunqueiro e durante o tempo que duraron os traballos de retirada do vehículo sinistrado.

A Policía Local atende a un conductor en parada cardíaca que protagonizou un accidente de tráfico

Axentes da Policía Local de O Porriño salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. O pasado luns 11, cando a Policía Local recibiu aviso do sinistro acudiron dous coches patrulla e atoparon ó conductor accidentado en parada cardíaca.
Os axentes acadaron estabiliza-lo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requiriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ó Centro de Saúde a recoller ó personal facultativo e leva-lo ata o lugar do sinistro.
O ferido foi finalmente trasladado ó Hospital Alvaro Cunqueiro onde se recupera desde o luns pasado.
Neste caso compre referir a colaboración prestada tamén pola Policía Local de Mos e pola Garda Civil de Tráficio que cooperaron na regulación do tráfico.

O Concello ten que suliñar que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior ós 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. Polo que non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia. Por esta razón desde a Concelleiría de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ó Sergas que 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia.

Aprazada polo mal tempo a cuarta quenda do curso de conducción segura promovido polo Concello

A Xefatura da Policía Local que coordina o curso “Conduce con xeito” anunciou o aprazamento da cuarta quenda que debería celebrarse este vindeiro sábado día 2, ante a previsión de mal tempo que hai.

A quenda non se perderá senon que será trasladada a outra data, segundo indicou o inspector xefe da Policía.

Ata de agora por este curso de conducción segura, gratuito e patrocinado polo Concello  cos cartos das multas de tráfico, pasaron ó redor de 60 veciños e veciñas de O Porriño.

Catro pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campeóns de España en 2017, xunto cos locais David Gónzalez, de Porriño e o mosense Miguel Rodríguez imparten as súas ensinanzas nas partes teórica e prática deste curso. Ademaís colaboran varios axentes da Policía Local do Porriño que coordina a intendencia e loxística deste curso, baixo a dirección da concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.

Os participantes se seleccionan por grupos de idade e de xeito paritario ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro, sempre en sábados.